11/24/2016

Un novo proxecto.

A próxima semana faremos un obradoiro para poñer en marcha un novo proxecto. Buscamos que os libros cheguen a moitos lugares, e que os nenos e nenas lean en diferentes espazos do centro, e por qué non tamén ao aire libre. 
Por iso, gracias á colaboración dun papá do centro, dispoñemos dun carro que a próxima semana, será "bautizado" e decorado por aqueles nenos e nenas que participen no obradoiro.
Pouco a pouco, descubriremos máis novas deste proxecto.


11/17/2016

NOVIDADES DO MES DE NOVEMBRO

Este mes de novembro trae algunhas novas dende a biblioteca:
    A primeira é que os nenos e nenas de infantil xa teñen carnés de préstamo, e poden levar para as súas casas libros da biblioteca. Están contentísimos ca noticia!
    A segunda é que comezamos o servizo de préstamo polas tardes, e o horario é o seguinte: luns, mércores, xoves e venres de 16:00 a 18:00.

Vémonos na biblioteca!

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO


No noso cole, a semana pasada puxemos a bata de científicos, e mudamos a nosas clases por laboratorios coa celebración da Semana da Ciencia en Galego.
Nun corredor do centro creouse un recuncho con información de Mendel, xa que ten unha mención especial nesta celebración, por ser o ano internacional dos legumes, e os seus experimentos os fixo con chícharos.
Neste enlace tedes máis información http://www.cienciaengalego.org/drupal6/
E aquí tedes fotos dalgúns libros que temos na nosa biblio de experimentos e ciencia, e tamén das pequenas reportaxes que fixeron en cada clase dos seus experimentos.





11/05/2016

O SAMAÍN

Na biblio do noso cole temos unha zona terrorífica con contos e historias cheas de monstros, cabazas, esqueletos... que contarán historias de medo, pero que tamén axudarán os nosos cativos e cativas a rirse deles! 



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares, e no noso centro xuntámonos para desfrutar dun teatro de sombras feito pol@s mestres/as cun conto moi divertido: EU NON FUN!, de Christian Voltz.
Aquí tedes algunhas imaxes e o vídeo completo do conto. Esperamos que vos guste!





APERTURA DA BIBLIOTECA.

O xoves 20 de outubro a biblioteca do C.E.I.P. Plurilingüe Número 1 de Tui abriu as súas portas. 


Despois dalgunhas semanas de cambios, os nenos e nenas chegaron con moitísimas ganas de levar as aventuras para casa, e compartilas cos compañeiros.
En pequenas asambleas xuntámonos dende infantil ata primaria para pensar as normas da biblioteca, de tódalas propostas elaboraremos unhas normas que poñeremos nun recuncho da biblioteca.

Tamén temos novos espazos na biblioteca que pouco a pouco, compartiremos no blogue con todos vós.

A BIBLIOTECA DOS NOSOS SOÑOS.

Comeza unha nova andaina neste blogue onde queremos abrir as portas da nosa biblioteca a tódalas persoas. Compartir os espazos, obradoiros, acontecementos importantes, novidades..., e tamén queremos escoitar as vosas suxerencias.
Unha biblioteca para convivir toda a comunidade educativa, para dialogar, buscar recursos para os nosos proxectos, para relaxarnos, e viaxar por mundos fantásticos, para resolver dúbidas, investigar, compartir, axudar, aprender... 
BENVIDOS Á BIBLIOTECA DOS NOSOS SOÑOS