11/05/2017

NOVIDADES DA SEMANA DO 6 AO 10 DE NOVEMBRO.







NOVIDADES DA SEMANA DO 30 DE OUTUBRO AO 3 DE NOVEMBRO


APERTURA DA BIBLIOTECA.


Foi un día moi especial , tódolos nen@s do cole gozaron dun espéctaculo moi emocionante!!!
David plantexou unha morea de situacións que levaban a reflexionar sobre o acontecido, e.... o que sucede sorprendentemente e ciencia e non maxia.
Aqui deixamos un pequeno video do espectáculo.



24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.


ELECCIÓN DA MASCOTA

O día 19 de setembro tivemos o primeiro Consello dos Nen@s un dos seus puntos era referido a elección da mascota da Biblioteca. 


Tódalas clases presentaron as súas mascotas,púxose un número a cada unha delas e cada membro do Consello despois de observalas con moita atención , elexiu a súa favorita. 



No primeiro reconto houbo un empate entre unha Moucha e unha Gata. Asique procedeuse ao desempate e saiu gañadora unha  Moucha chamada Athenea.



BENVIDA ATHENEA !!!!!

TAREFAS PARA ESTE TRIMESTRE.

- Unha das tarefas que está desenvolvendo o Equipo de Biblioteca  moi coidadosa e importante para que a nosa" biblio" esté actualizada e adaptada na medida do posible ás demandas da nosa Comunidade: Expurgar libros e materiais.
 Isto implica revisar, descatalogar e buscar posibles destinatarios dos exemplares expurgados.

- Catalogar libros comprados o curso pasado destinados para profes, familias e nen@s.
 Temos unhas novidades chulísimas!!!

- Elexir unha nova mascota coas propostas de tódolos nen@s do colexio.


- Apertura da Biblioteca o Día das Bibliotecas Escolares o martes 24 de Outubro.


- Proxecto Documental Integrado: Ciencia e Tecnoloxía . Un Proxecto cheo de Vida.




CURSO 2017-2018

Neste curso 2017 2018 na nosa biblioteca seguemos ilusionándonos tódolos membros da nosa Comunidade Educativa: mestres , nen@s e familias.

A Biblioteca do noso cole queremos que sexa un espazo de aprendizaxe, de diversión , fonte de recursos, punto de encontro, de compartir, 
de falar , escoitar e....de soñar XUNTOS.

6/14/2017

PDI, CIENCIA E TECNOLOXÍA

No mes de maio comezamos a nosa elección para o PDI do próximo curso escolar. O proceso foi o seguinte:
 - Dende as aulas sairon dúas propostas de proxectos que lles gustaría investigar para o ano que ven, e que levaron os representantes de cada clase ao Consello dos Nenos e Nenas.
- Alí votaron para que quedara unha proposta, que foi: CIENCIA E TECNOLOXÍA.

O profesorado tamén quixo ter a súa proposta, e por votación saiu: ARTES.

O momento final, foi unha votación individual que se fixo nas aulas, e os resultados foron os seguintes:

                   CIENCIA E TECNOLOXÍA: 111 VOTOS
                   ARTES: 82 VOTOS.

Quedando así para o ano que ven de tema do noso PDI, CIENCIA E TECNOLOXÍA.



Visita Pepe Carreiro.

Este ano os nenos e nenas de 6º leron no seu Itinerario Lector o libro: 


E o xoves 8 de xuño visitounos Pepe Carreiro, falou do libro e ilustrou diferentes personaxes da Historia de Galicia.


Moitas grazas pola visita!

5/24/2017

NOVIDADES

Estes son algúns dos novos libros catalogados na biblioteca. Esperamos a vosa visita!!






Día das Letras Galegas.

















Co gallo do Día das Letras Galegas, e lembrando unha frase do célebre Agustín Fernández Paz, "EU SON OS LIBROS QUE LÍN", convidamos ás familias a compartir un fragmento dunha obra singular ou especial que teñan lido ao longo da súa vida, e fixemos unha exposición na entrada do centro.





Ademais, os nenos e nenas que participaron no Tui Le compartiron co resto de compañeiras e compañeiros as súas actuacións.




VII TUI LE



O pasado venres 12 de maio celebrouse en Tui a VII Edición do Tui Lé, homenaxeando os centros de ensino de Tui á literatura galega e, en especial a Carlos Casares, homenaxeado neste ano nas Letras Galegas. 
Os nenos e nenas participantes do noso centro foron os de quinto e sexto de primaria, os primeiros recitando a Carlos Casares, e os segundos, a varios autores galegos coma Rosalía, Neira Vilas... acompañados da música de Mozart mentres cambiaban dun autor a outro, e xogaban con caixas con letras formando o nome do escritor ou escritora.

Aquí tedes un enlace dunha noticia no xornal do encontro.
http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/05/14/tui-escolares-apuestan-casares/1678813.html

4/26/2017

Xosé Tomás visita o noso centro.

Os días 10 e 11 de abril aprendemos a ilustrar o Camiño de Santiago, o noso proxecto de centro deste ano, con Xosé Tomás, ilustrador de publicacións coma: Palabras do mar ou Coller as rendas.
Visitou todas as aulas ensinando como facer as proporcións para debuxar unha cara, creando personaxes e historias relacionadas co Camiño de Santiago. 
Pasámolo moi ben e foi unha experiencia fantástica! 

 

O QUE TEMOS QUE TER EN CONTA NA NOSA BIBLIOTECA PARA UN BO FUNCIONAMENTO E BOA CONVIVENCIA.



4/11/2017

O venres 7 celebramos a nosa primeira andaina poética, e foi todo un éxito. Todas as clases participaron recitando poesías de difererntes autores e inventadas.Tamén tivemos moita participación das familias con poesías de Carlos Casares, Mario Benedetti, ..., e todo isto rodeado do noso patrimonio: a Catedral de Tui, a Igrexa de Santo Domingo, a capela de San Telmo...
Foi unha andaina con moito encanto, onde a poesía e os monumentos da nosa cidade fixeron unha fusión especial, e de seguro terá continuidade para próximos anos.
Moitas grazas ás familias pola participación! 


3/22/2017

ANDAINA POÉTICA.

"A poesía é unha ventá á diversidade excepcional da humanidade" Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO.

No ano 1999, nunha reunión da UNESCO en París, decidiron que o 21 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera, proclamarían o Día da Poesía co propósito de promover a ensinanza da  poesía, fomentar a tradición oral, crear unha imaxe positiva da poesía nos medios de comunicación...

No noso centro este ano organizamos unha ANDAINA POÉTICA DO CAMIÑO DE SANTIAGO. E debido á chuvia, quedou cancelada ata que o bo tempo permita esta andaina con tanto encanto.
Dende as titorías, cada grupo preparou unhas poesías de elección libre ou inventadas polos propios nenos e nenas, e tamén pedimos a colaboración das familias. E aproveitando o noso patrimonio, recitaremos as nosas poesías en lugares emblemáticos.

Cando fagamos a andaina teredes máis noticias!

3/10/2017

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA.



O mércores 8 de marzo celebrouse o Dia da Muller Traballadora, e polo corredor do centro atopamos pequenas historias de grandes mulleres: Frida Kahlo, Marie Curie, Audrey Hepburn, María Zambrano, Agatha Christie, Coco Chanel, Dian Fossey, Amelia Earhart..., mulleres modistas, actrices, mestras, científicas, aviadoras... 

PÉS, PARA QUÉ VOS QUERO? SE TEÑO ALAS PARA VOAR.
FRIDA KAHLO. PINTORA, POETISA E ACTIVISTA POLÍTICA.

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

A semana do 20 de febreiro dende os equipos de TIC, Dinamización da Lingua Galega, e Biblioteca, levamos a cabo un obradoiro de Rosalía de Castro. Os nenos e nenas de Primaria que quixeron participar, recitaron unha poesía de Rosalía, e despois, polo centro atopamos carteis co nome do neno ou nena e un código QR  onde salía o vídeo recitando. En Infantil, recitaron "Adeus ríos" e decoraron o vestido de Rosalía. 

2/03/2017

THE LIBRARY OF FANTASY.

O noso carriño xa vai rodando polos recreos de primaria!
Despois de varios obradoiros cos nenos e nenas de primaria pintando, decorando e pensando o seu nome, este é o resultado! Un carro colorido, divertido e co seguinte nome: THE LIBRARY OF FANTASY! (A BIBLIOTECA DA FANTASÍA).

E co gallo do Día da Paz, no noso centro celebramos a SEMANA SOLIDARIA. Cada curso tivo unha charla dunha asociación do noso entrono para coñecer e reflexionar sobre as realidades sociais próximas, e buscar estratexias de colaboración consensuadas e axustadas para poder colaborar na medida das nosas posibilidades coas Asociacións.


The Library of Fantasy, encheuse de libros de valores, bibliografías, igualdade... para compartir nos momentos do recreo de primaria nunha zona limitada do patio.