3/22/2017

ANDAINA POÉTICA.

"A poesía é unha ventá á diversidade excepcional da humanidade" Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO.

No ano 1999, nunha reunión da UNESCO en París, decidiron que o 21 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera, proclamarían o Día da Poesía co propósito de promover a ensinanza da  poesía, fomentar a tradición oral, crear unha imaxe positiva da poesía nos medios de comunicación...

No noso centro este ano organizamos unha ANDAINA POÉTICA DO CAMIÑO DE SANTIAGO. E debido á chuvia, quedou cancelada ata que o bo tempo permita esta andaina con tanto encanto.
Dende as titorías, cada grupo preparou unhas poesías de elección libre ou inventadas polos propios nenos e nenas, e tamén pedimos a colaboración das familias. E aproveitando o noso patrimonio, recitaremos as nosas poesías en lugares emblemáticos.

Cando fagamos a andaina teredes máis noticias!

3/10/2017

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA.



O mércores 8 de marzo celebrouse o Dia da Muller Traballadora, e polo corredor do centro atopamos pequenas historias de grandes mulleres: Frida Kahlo, Marie Curie, Audrey Hepburn, María Zambrano, Agatha Christie, Coco Chanel, Dian Fossey, Amelia Earhart..., mulleres modistas, actrices, mestras, científicas, aviadoras... 

PÉS, PARA QUÉ VOS QUERO? SE TEÑO ALAS PARA VOAR.
FRIDA KAHLO. PINTORA, POETISA E ACTIVISTA POLÍTICA.

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

A semana do 20 de febreiro dende os equipos de TIC, Dinamización da Lingua Galega, e Biblioteca, levamos a cabo un obradoiro de Rosalía de Castro. Os nenos e nenas de Primaria que quixeron participar, recitaron unha poesía de Rosalía, e despois, polo centro atopamos carteis co nome do neno ou nena e un código QR  onde salía o vídeo recitando. En Infantil, recitaron "Adeus ríos" e decoraron o vestido de Rosalía.