11/11/2019

A VOZ DE ATHENEA

Boas tardes familias,

Xa está publicado o noso cuarto programa de Radio Athenea.

O cal podedes escoitar premendo na sguinte imaxe.




Unha aperta a todos e todas.


11/04/2019

Bos días familias,


Para o equipo da biblioteca é moi importante coñecer os gustos e intereses dos nosos usuarios, é dicir, do alumnado, do profesorado e das familias.

Por este motivo, queremos ensinarvos a todas e todos as recomendacións lectoras que realizou o alumnado de terceiro curso. As cales podedes acceder premendo na imaxe.

Unha aperta a todas e todos !



10/29/2019

SERVIZOS DA BIBLIOTECA


Boas tardes familias,

Na imaxe aparecen recollidas as datas durante todo o curso escolar nas que non se realizará o préstamo de libros pola tarde. 
Debido a que nas instalacións da biblioteca atoparase o Club de Ciencias. 

Unha aperta a todas e todos.





A VOZ DE ATHENEA

Boas tardes familias,

Xa está publicado o noso terceiro programa de Radio Athenea.

O cal podedes escoitar premendo na sguinte imaxe.



Un saúdo a todos e todas.

10/25/2019

A VOZ DE ATHENEA

Bos días familias, 

Dende o Club de Letras o alumnado está a realizar un programa de radio de todos e para todos. 

Ata o momento realizáronse dous programas, nos que podemos escoitar o alumnado reflexionar sobre o feito durante as sesións do ámbito.

Podedes escoitalos nas seguintes imaxes:

Programa 1: 



Programa 2: 





Disfrutade da Voz de Athenea familias!

Unha aperta.



APERTURA DA BIBLIOTECA

Bos días familias,

O pasado Luns realizouse a apertura da Biblioteca, para o cal tivemos a sorte de contar cun espectáculo musical da Fundación Igual Arte...

Que foi un éxito total!

A continuación podemos observar algunhas imaxes da actuación.




Por último, agredecer a Igual Arte a súa presenza neste día tan especial.

Un saúdo a tod@s.


10/18/2019

APERTURA DA BIBLIOTECA



Bos días FAMILIAS,

A Biblioteca abrirá as súas portas o vindeiro Luns 21 de outubro, polo tanto a partir de dita data é posible o préstamo de libros e acceso aos diferentes servizos.

Para dita data tan especial contamos coa Fundación Igual Arte, que realizará dous pases ao largo da mañá.

Por último, boa fin de semana a TODOS e TODAS!



10/03/2019

MATERIAL PARA A BIBLIOTECA DOS NOSOS SOÑOS



Bos días familias, 

Creemos importante escoitar as propostas de tod@s os membr@s da comunidade educativa para a adquisición do novo material para a biblioteca dos nosos soños.

Por este motivo, animamos a todas as familias e alumnado para que realice as súas suxerencias nos comentarios de dita entrada.
Por último, dicir que estamos abertos a calquera suxerencia.

Un saúdo.



9/26/2019







Bos días, 


Dende a Biblioteca queremos dar a benvida a todas as familias que conforman o CEIP N1.

Ademais é importante informar de que a biblioteca permanecerá pechada, xa que estamos organizando e ordenando o espazo.

Un saúdo e bo día a tod@s.






8/28/2019

Mercadillo Solidario para a Protectora de Animais Aloia


 Este curso o rematamos cun mercadillo solidario que repetimos despois do éxito do feito no curso anterior.
Os libros do expurgo podíanse cambiar por alimentos para cans (salchichas, latas ou pienso), xa que despois de falar coa Protectora coa que colaboramos o curso anterior e este, era o que máis precisaban neste momento.
E como podedes ver, foi todo un éxito!!
Moitas grazas pola colaboración das familias e mestres!!


 

6/24/2019

Pasiño a pasiño.

Consellos para que os nenos e nenas poidan facer o Camiño de Santiago. Elaborado polo alumnado de primeiro e segundo de primaria.

O salmón don Pimpón


Esta gravación foi feita polo alumnado de terceiro de primaria para engadir ao documental "O salmón don Pimpón" elaborado como produto final da investigación levada a cabo na aula e que formou parte do Animal Doc, festival de curtas creado para o final de curso do centro onde cada aula elaborou o seu documental.

6/14/2019

OS NOSOS PROGRAMAS DE RADIO




Programas variados elaborados polo alumnado de quinto de primaria dentro da formación recibida para o uso e manexo da Radio na Biblio.


CURIOSIDADES ANIMAIS



ACTUALIDADE COS DE QUINTO



O MAGAZINE DE QUINTO



O PROGRAMA DE JOWIE

OS PELIPORTERS

3/19/2019

REFORESTACIÓN POÉTICA



Co gallo do Día dos Bosques e o Día da Poesía o 21 de marzo, este venres 15 fumos ao monte de Areas (Tui) a plantar árbores.
Nas aulas falamos de que é reforestar, a importancia das árbores para nós e para o planeta,... 

A partir desta conversa, as aulas xuntáronse (3 anos con primeiro, 4 anos con quinto, 5 anos con sexto, cuarto A e B, e os de segundo con terceiro) e fixeron unha nube de palabras e delas, escolleron por equipos dúas, e inventaron unha poesía, que aprenderon para recitalas xunt@s.
Os nenos e nenas de sexto de primaria elaboraron un manifesto a partir de noticias de xornais, e despois tivemos unha charla de Tono do Viveiro Forestal de Areas sobre como plantar ben unha árbore, para despois ser os nenos e nenas por grupos os que plantaran.

Xa despois chegou o recitado de poemas polos nenos e nenas, e a actuación de Gramola Gominola, cos que saltamos, bailamos e cantamos!!!


A clausura foi a cargo dos nenos e nenas de quinto de primaria, para despedir este día de convivencia cos compañeiros e compañeiras do cole, cas familias que foron voluntarias, cas profes, cos voluntarios do Viveiro e da Comunidade de Montes de Areas,...; un día para recitar, e lembrar o bonita que é a poesía, e máis bonita cando a recitamos rodeados da natureza; un día de reflexión porque o planeta merece ser coidado e respetado, e nas nosas mans está coidalo.

Novidades da semana



Visita á Radio Municipal de Tui


O xoves 28 os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria visitaron a Radio Municipal de Tui para poder ver cómo funciona, a xente que traballa nela, as súas funcións...
Foi moi interesante, visitamos os diferentes espazos, contaron como gravan unha noticia no exterior e a redactan para logo emitir na radio, algúns trucos para facer un anuncio...
Gustounos moito a visita, e algúns dos nenos e nenas xa teñen claro onde lles gustaría participar na nosa radio, A VOZ DE ATHENEA.
Agora temos que formarnos!!

Día de Rosalía de Castro.



O 24 de febreiro foi o Día de Rosalía, e este ano fixemos marcapáxinas coa aplicación Canva. Primero lembramos a historia de Rosalía e algunhas das súas obras, e despois os nenos e nenas crearon os marcapáxinas algúns deles con imaxes dela, outros con poesías...





2/05/2019

30 de xaneiro. Día da paz


Somos aire e emoción,
Somos a revolución
Somos pobo sen bandeira
Sen límites, nin fronteiras
Somos a cidade da alegría
E se te falta aquí tes a mía.
Somos a cidade valente,
Somos un montón de xente
Somos aire e emoción
Somos a revolución



Nas semana pasada fixemos diferentes actividades relacionadas coa paz. 
Tod@s deixamos a nosa pegada nun mural de Tui, onde se atopa o noso centro. 
A canción de "Somos"de Operación Triunfo foi a nosa sintonía nos cambios de clase, e algúns nen@s de primaria participaron nun obradoiro de chapas que despois se repartiron nunha xuntanza na biblioteca o día 30, onde proxectaron un vídeo do proceso de elaboración do mural. 


    

A voz de Athenea

Xa temos nome para a nosa radio: A VOZ DE ATHENEA! Elixido das propostas levadas o venres ao Consello d@s nen@s.