2/05/2019

30 de xaneiro. Día da paz


Somos aire e emoción,
Somos a revolución
Somos pobo sen bandeira
Sen límites, nin fronteiras
Somos a cidade da alegría
E se te falta aquí tes a mía.
Somos a cidade valente,
Somos un montón de xente
Somos aire e emoción
Somos a revolución



Nas semana pasada fixemos diferentes actividades relacionadas coa paz. 
Tod@s deixamos a nosa pegada nun mural de Tui, onde se atopa o noso centro. 
A canción de "Somos"de Operación Triunfo foi a nosa sintonía nos cambios de clase, e algúns nen@s de primaria participaron nun obradoiro de chapas que despois se repartiron nunha xuntanza na biblioteca o día 30, onde proxectaron un vídeo do proceso de elaboración do mural. 


    

A voz de Athenea

Xa temos nome para a nosa radio: A VOZ DE ATHENEA! Elixido das propostas levadas o venres ao Consello d@s nen@s.