3/19/2019

REFORESTACIÓN POÉTICA



Co gallo do Día dos Bosques e o Día da Poesía o 21 de marzo, este venres 15 fumos ao monte de Areas (Tui) a plantar árbores.
Nas aulas falamos de que é reforestar, a importancia das árbores para nós e para o planeta,... 

A partir desta conversa, as aulas xuntáronse (3 anos con primeiro, 4 anos con quinto, 5 anos con sexto, cuarto A e B, e os de segundo con terceiro) e fixeron unha nube de palabras e delas, escolleron por equipos dúas, e inventaron unha poesía, que aprenderon para recitalas xunt@s.
Os nenos e nenas de sexto de primaria elaboraron un manifesto a partir de noticias de xornais, e despois tivemos unha charla de Tono do Viveiro Forestal de Areas sobre como plantar ben unha árbore, para despois ser os nenos e nenas por grupos os que plantaran.

Xa despois chegou o recitado de poemas polos nenos e nenas, e a actuación de Gramola Gominola, cos que saltamos, bailamos e cantamos!!!


A clausura foi a cargo dos nenos e nenas de quinto de primaria, para despedir este día de convivencia cos compañeiros e compañeiras do cole, cas familias que foron voluntarias, cas profes, cos voluntarios do Viveiro e da Comunidade de Montes de Areas,...; un día para recitar, e lembrar o bonita que é a poesía, e máis bonita cando a recitamos rodeados da natureza; un día de reflexión porque o planeta merece ser coidado e respetado, e nas nosas mans está coidalo.

Novidades da semana



Visita á Radio Municipal de Tui


O xoves 28 os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria visitaron a Radio Municipal de Tui para poder ver cómo funciona, a xente que traballa nela, as súas funcións...
Foi moi interesante, visitamos os diferentes espazos, contaron como gravan unha noticia no exterior e a redactan para logo emitir na radio, algúns trucos para facer un anuncio...
Gustounos moito a visita, e algúns dos nenos e nenas xa teñen claro onde lles gustaría participar na nosa radio, A VOZ DE ATHENEA.
Agora temos que formarnos!!

Día de Rosalía de Castro.



O 24 de febreiro foi o Día de Rosalía, e este ano fixemos marcapáxinas coa aplicación Canva. Primero lembramos a historia de Rosalía e algunhas das súas obras, e despois os nenos e nenas crearon os marcapáxinas algúns deles con imaxes dela, outros con poesías...