8/28/2019

Mercadillo Solidario para a Protectora de Animais Aloia


 Este curso o rematamos cun mercadillo solidario que repetimos despois do éxito do feito no curso anterior.
Os libros do expurgo podíanse cambiar por alimentos para cans (salchichas, latas ou pienso), xa que despois de falar coa Protectora coa que colaboramos o curso anterior e este, era o que máis precisaban neste momento.
E como podedes ver, foi todo un éxito!!
Moitas grazas pola colaboración das familias e mestres!!