10/29/2019

SERVIZOS DA BIBLIOTECA


Boas tardes familias,

Na imaxe aparecen recollidas as datas durante todo o curso escolar nas que non se realizará o préstamo de libros pola tarde. 
Debido a que nas instalacións da biblioteca atoparase o Club de Ciencias. 

Unha aperta a todas e todos.





A VOZ DE ATHENEA

Boas tardes familias,

Xa está publicado o noso terceiro programa de Radio Athenea.

O cal podedes escoitar premendo na sguinte imaxe.



Un saúdo a todos e todas.

10/25/2019

A VOZ DE ATHENEA

Bos días familias, 

Dende o Club de Letras o alumnado está a realizar un programa de radio de todos e para todos. 

Ata o momento realizáronse dous programas, nos que podemos escoitar o alumnado reflexionar sobre o feito durante as sesións do ámbito.

Podedes escoitalos nas seguintes imaxes:

Programa 1: 



Programa 2: 





Disfrutade da Voz de Athenea familias!

Unha aperta.



APERTURA DA BIBLIOTECA

Bos días familias,

O pasado Luns realizouse a apertura da Biblioteca, para o cal tivemos a sorte de contar cun espectáculo musical da Fundación Igual Arte...

Que foi un éxito total!

A continuación podemos observar algunhas imaxes da actuación.




Por último, agredecer a Igual Arte a súa presenza neste día tan especial.

Un saúdo a tod@s.


10/18/2019

APERTURA DA BIBLIOTECA



Bos días FAMILIAS,

A Biblioteca abrirá as súas portas o vindeiro Luns 21 de outubro, polo tanto a partir de dita data é posible o préstamo de libros e acceso aos diferentes servizos.

Para dita data tan especial contamos coa Fundación Igual Arte, que realizará dous pases ao largo da mañá.

Por último, boa fin de semana a TODOS e TODAS!



10/03/2019

MATERIAL PARA A BIBLIOTECA DOS NOSOS SOÑOS



Bos días familias, 

Creemos importante escoitar as propostas de tod@s os membr@s da comunidade educativa para a adquisición do novo material para a biblioteca dos nosos soños.

Por este motivo, animamos a todas as familias e alumnado para que realice as súas suxerencias nos comentarios de dita entrada.
Por último, dicir que estamos abertos a calquera suxerencia.

Un saúdo.