12/20/2021
Recomendacións de lecturas e xogos para este Nadal.
12/09/2021
Podcast sobre as recomendacións lectoras da Constelación Literaria de 5º de primaria.
Dende o curso pasado, colaboramos xunto con outros centros, coa Radio Municipal de Tui enviando recomendacións lectoras que saen na emisión dos xoves pola mañá e ao mediodiá. Cada semana participa un centro diferente facendo diferentes recomendacións.
Este curso comezaron gravando na Radio de A voz de Athenea, alumnado de quinto de primaria, e fixeron un pequeno coloquio sobre algunhas das lecturas que fixeron na constelación literaria da súa clase vinculada aos ODS.
Aquí tedes o podcast! https://go.ivoox.com/rf/79411013
Moi bo traballo!!!
11/25/2021
Mes da Ciencia en Galego, Mes da Ciencia en Familia.
Neste mes de Novembro que celébrase o mes da Ciencia en Galego, quixemos convidar ás familias ás nosas aulas e... como? Pois foron convidadas a facer cos seus cativxs un experimento na casa que gravaron e enviaron ao email de Athenea. Os vídeos foron publicados na canle de Youtube do centro, nunha lista especial para esta conmemoración. Podedes ver os vídeos neste enlace: 11/16/2021
SABEDES FACER UNHA BÚSQUEDA EFECTIVA?
11/09/2021
CONSTELACIÓN LITERARIA ODS
Este ano, o lema da nosa escola di "Pensa globalmente, actúa localmente. Unidos somos máis fortes". Enmarcamos este tema relacionándoo cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que propuxo a ONU dentro da Axenda 2030. Dende o equipo de biblio preparamos esta constelación literaria, elexindo un libro para cada un dos ODS, deixámosvolo por aquí para que lle botedes unha ollada!
11/02/2021
ESTAMOS ABERTXS!!!
A nosa biblio volve estar aberta!
O pasado Martes o corpo docente do cole tivemos unha formación de biblio a cargo de Vane, a nosa coordinadora.
A formación centrouse no manexo la CDU, para poder facilitar os empréstitos de libros tanto ao alumnado coma ás familias.
Fixémolo a través, dunha breve expliación que despois completamos cun Kahoot por equipos.
Deixámosvos algunhas fotos.
6/20/2021
4/21/2021
4/19/2021
Campaña de recollida de alimentos de Educación Infantil dende o Ámbito do Club de Letras para traballar os ODS.
Neste enlace ao blog do Club de Letras podedes ver como na tarefa deste trimestres estamos a traballar os 17 ODS repartidos entre os diferentes ámbitos.
No Club de Letras en infantil estamos centrados no ODS 2 e 3, e así é como o estamos a levar a cabo:
https://clubdeletrasnumero1.blogspot.com/2021/04/campana-de-recollida-de-alimentos.html
3/19/2021
Coplas de Entroido.
Polo Entroido este ano traballamos as coplas, e cada clase inventou a sua para despois facer o noso libriño virtual de coplas.
Rosalía De Castro
Estas son algunhas das propostas traballadas polos nenos e nenas do cole no Día de Rosalía De Castro.
CREACIÓN DE CONTOS POP UP NO ÁMBITO STEAM.
Neste trimestre en STEAM, todos os nenos e nenas do cole participaron na creación de contos Pop Up. As tarefas se programan para dúas semanas con cada grupo de traballo, e así foron creándose 4 contos diferentes que pasarán a formar parte da biblioteca do cole.
Aquí tedes o vídeo reto da tarefa:
E agora uns vídeos onde podedes ver as diferentes investigacións sobre o espazo, proxecto de centro, e os libros creados.
ÁMBITO CLUB DE LETRAS: tarefa do segundo trimestre en primeiro e segundo de primaria: CONTOS!!!
Aquí tedes un vídeo dos contos traballados este trimestre en primeiro e segundo de primaria.
SEGUNDO OBRADOIRO DE MONTAXE DE ESCORNABOTS E CREACIÓN DE PIRÁMIDES HOLOGRÁFICAS.
No segundo obradoiro de montaxe dos escornabots conseguimos rematar os escornabots e funcionan!!!!
Ademáis, tamén montaron pirámides holográficas e quedaron xenial!!!
Obradoiro montaxe escornabots e outros robots.
Aquí tedes o noso primeiro obradoiro de montaxe dos escornabots e outros robots cos nenos e nenas de 6º de primaria. Nesta primeira sesión soldamos as placas, será na seguinte cando montemos a estructura do robot.
Encantoulles a experiencia de soldar!!! e quedaron xenial as placas!! Noraboa chicas e chicos!!!
O NOSO TRABALLO POR ÁMBITOS DE APRENDIZAXE.
Aquí tedes un vídeo onde participou a comunidade educativa sobre o traballo por Ámbitos de Aprendizaxe no noso centro, e dos que a biblioteca é o núcleo para cada un dos ámbitos: STEAM, Club de Letras, Natural e Social e Creavisual, fonte de información e recursos.
E neste enlace podedes ver a programación das tarefas de cada ámbito para os diferentes cursos: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/node/763
8 M. Mulleres do espazo.
Na tarefa trimestral do ámbito STEAM están a crear contos Pop Up sobre "O infinito e máis aló´", o nos proyecto de centro, e co gallo do 8 M, os nenos e nenas de 6º de primaria, que lles tocaba esas dúas semanas, fixeron o conto sobre mulleres que están vinculadas ao mundo do espazo, e que é mol importante darlles visibilidade, xa que son moitas, pero coñecemos moi poucas.
Neste vídeo podedes ver o fermoso traballo que fixeron.
1/24/2021
OBRADOIRO PARA FACER ADORNOS NAVIDEÑOS
Na última semana antes das vacacións de Nadal fixemos un obradoiro con todos os cursos do cole, para decorar a biblioteca.
Foron moitas e moi variadas as propostas e o mellor de todo é que xs nenxs o desfrutaron moito.


































