3/19/2021

Coplas de Entroido.

 Polo Entroido este ano traballamos as coplas, e cada clase inventou a sua para despois facer o noso libriño virtual de coplas.

Rosalía De Castro

Estas son algunhas das propostas traballadas polos nenos e nenas do cole no Día de Rosalía De Castro.

CREACIÓN DE CONTOS POP UP NO ÁMBITO STEAM.

Neste trimestre en STEAM, todos os nenos e nenas do cole participaron na creación de contos Pop Up. As tarefas se programan para dúas semanas con cada grupo de traballo, e así foron creándose 4 contos diferentes que pasarán a formar parte da biblioteca do cole.

Aquí tedes o vídeo reto da tarefa:

 


 E agora uns vídeos onde podedes ver as diferentes investigacións sobre o espazo, proxecto de centro, e os libros creados.

ÁMBITO CLUB DE LETRAS: tarefa do segundo trimestre en primeiro e segundo de primaria: CONTOS!!!

 Aquí tedes un vídeo dos contos traballados este trimestre en primeiro e segundo de primaria.


SEGUNDO OBRADOIRO DE MONTAXE DE ESCORNABOTS E CREACIÓN DE PIRÁMIDES HOLOGRÁFICAS.

 No segundo obradoiro de montaxe dos escornabots conseguimos rematar os escornabots e funcionan!!!!

Ademáis, tamén montaron pirámides holográficas e quedaron xenial!!! 


Obradoiro montaxe escornabots e outros robots.

 Aquí tedes o noso primeiro obradoiro de montaxe dos escornabots e outros robots cos nenos e nenas de 6º de primaria. Nesta primeira sesión soldamos as placas, será na seguinte cando montemos a estructura do robot.

Encantoulles a experiencia de soldar!!! e quedaron xenial as placas!! Noraboa chicas e chicos!!!

O NOSO TRABALLO POR ÁMBITOS DE APRENDIZAXE.

Aquí tedes un vídeo onde participou a comunidade educativa sobre o traballo por Ámbitos de Aprendizaxe no noso centro, e dos que a biblioteca é o núcleo para cada un dos ámbitos: STEAM, Club de Letras, Natural e Social e Creavisual, fonte de información e recursos.

E neste enlace podedes ver a programación das tarefas de cada ámbito para os diferentes cursos: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/node/763


8 M. Mulleres do espazo.

Na tarefa trimestral do ámbito STEAM están a crear contos Pop Up sobre "O infinito e máis aló´", o nos proyecto de centro, e co gallo do 8 M, os nenos e nenas de 6º de primaria, que lles tocaba esas dúas semanas,  fixeron o conto sobre mulleres que están vinculadas ao mundo do espazo, e que é mol importante darlles visibilidade, xa que son moitas, pero coñecemos moi poucas.

Neste vídeo podedes ver o fermoso traballo que fixeron.