11/25/2021

Mes da Ciencia en Galego, Mes da Ciencia en Familia.

Neste mes de Novembro que celébrase o mes da Ciencia en Galego, quixemos convidar ás familias ás nosas aulas e... como? Pois foron convidadas a facer cos seus cativxs un experimento na casa que gravaron e enviaron ao email de Athenea. Os vídeos foron publicados na canle de Youtube do centro, nunha lista especial para esta conmemoración. Podedes ver os vídeos neste enlace: 
Nas aulas fixemos moitos dos experimentos e nos gustou moito ver os videos. 
Se queredes, aínda estades a tempo de enviar máis!! e senón... tamén podedes facer os experimentos coas vosas familias na casa!!!
Moitas grazas polas vosas aportacións e... grazas á ciencia polos seus avances!!

11/16/2021

SABEDES FACER UNHA BÚSQUEDA EFECTIVA?

Hoxe aprendimos a facer búsquedas efectivas en internet utilizando diferentes buscadores. Usamos as comillas, o signo + ou -, é sempre utilizamos palabras clave para buscar. Comenzamos facendo unha búsqueda sobre os parásitos que pode ter un polvo e atopamos case 200.000 resultados, así que fixemos o mesmo pero usando as comillas e a búsqueda baixou a menos de 200 resultados, como moitos deses resultados falaban sobre o anisaki decidimos co signo "-" eliminalo dos nosos resultados e así conseguimos rematar a búsqueda con menos de 20 resultados. A parte de aprender a buscar información, queríamos que o noso alumnado reflexionara sobre que cantos menos resultados teñamos ao buscar información, de maior calidade será a nosa búsqueda 👀

11/09/2021

CONSTELACIÓN LITERARIA ODS

 

Este ano, o lema da nosa escola di "Pensa globalmente, actúa localmente. Unidos somos máis fortes". Enmarcamos este tema relacionándoo cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que propuxo a ONU dentro da Axenda 2030.
Dende o equipo de biblio preparamos esta constelación literaria, elexindo un libro para cada un dos ODS, deixámosvolo por aquí para que lle botedes unha ollada!

11/02/2021

ESTAMOS ABERTXS!!!

A nosa biblio volve estar aberta! 

O pasado Martes o corpo docente do cole tivemos unha formación de biblio a cargo de Vane, a nosa coordinadora. 
A formación centrouse no manexo la CDU, para poder facilitar os empréstitos de libros tanto ao alumnado coma ás familias. 
Fixémolo a través, dunha breve expliación que despois completamos cun Kahoot por equipos. 
Deixámosvos algunhas fotos.