3/30/2022

Obradoiro lectura e familias: Debuxando nas palabras

 


A semana pasada contamos no cole coa colaboración de Ana Mariño e María Lires. Estiveron a cargo dun obradoiro de escritura creativa para familias e alumnado: Debuxando nas palabras.

Como produto, cada familia levou para a súa casa un cadro feito man a man entre maiores e pequenxs. Foi moi produtivo e entretido!



3/21/2022

CONTOS E ESCORNABOTS: VIVAN AS UÑAS DE CORES!

Boas novas!

Queremos compartir coa comunidade da escola os materiais cos que estivemos traballando no Ámbito de Club de letras en infantil. 

Durante este trimestre, o alumnado de infantil foi o encargado de elaborar a sección do programa de radio "Reading Recomendations". No caso do 5º curso estivemos traballando co conto "Vivan as uñas de cores!" de Alicia Acosta e Luis Amavisca, ilustrado por Gusti. Fixemos un traballo de afondamento nos roles e estereotipos de xénero, e un dos materiais que utilizamos para coñecer ben o libro foi este taboleiro para escornabot (dúas plantillas) e as preguntas que o acompañan. Tratábase de, coma nun concurso de preguntas, guiar ao robot á resposta. 



Aquí podedes atopar a carpeta co taboleiro e as preguntas. 


Esperamos que desfrutedes delas!


3/09/2022

6º fórmase na biblio

 O alumnado de 6º de primaria da nosa escola estivo afondando no funcionamento da biblioteca estas últimas semanas. 

Aproveitaron o Kahoot que utilizamos xs mestres e desfrutaron xogando a coñecer a CDU e a nosa biblio.

Deixámosvos por aquí un vídeo!

Saúdos



3/07/2022

PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS

Ao abeiro do plan LÍA 2021-2025, o noso centro foi escollido para o programa Lectura e Familias da Consellería. 

A biblioteca actúa como axente de compensación social, para ofrecer así un acceso igualitario á cultura á toda a comunidade escolar. O programa ten como obxecto estimular o desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias na biblioteca escolar a través de actividades deseñadas con ese fin. 

Ao longo do que queda de curso iremos amosándovos as propostas que partirán do claustro e en particular do Equipo de Apoio á biblioteca. De momento deixámosvos o noso novo logo aquí: