5/31/2022

LECTURA E FAMILIAS: ESTELA D'ANGELO

 

Dentro do programa Lectura e Familias, no mes de marzo, tivemos connosco a Estela D'Angelo experta nos procesos de aprendizaxe da lectoescritura. Asistiron tanto familias como profesorado. 

Na charla mostrounos moitos exemplos, experiencias súas relacionadas coa lectoescritura e falounos sobre todo da necesidade de respectar os ritmos. 

Deixámosvos unhas fotografías:








5/30/2022

NOVO TABOLEIRO PARA ESCORNABOT: A TOUPIÑA

Bos días, 
Na biblio do CEIP Número 1 comezamos a semana compartindo convosco un novo taboleiro para utilizar co Escornabot. 
Neste caso relacionado co conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" de Werner Holzwarth e Wolf Erlbruch.

 No arquivo enlazado aquí poderedes atopar dous taboleiros, e unha última páxina na que aparecen as imaxes dos animais e as súas "cacas". Nós utilizámolos facendo asociación entre a caca e o animal. 

Que outro modo de utilizalas se vos ocorren? Podedes deixarnos un comentario!



5/23/2022

CONSTELACIÓN LITERARIA

Ola!!


Vimos de actualizar a nosa constelación literaria. Deixñamosvola aquí 


DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FESTIVAL "AS NOSAS LETRAS"

Este ano, celebramos o Día das Letras Galegas facendo un pequeno festival no que o alumnado tivo a oportunidade de facer diferentes actuacións nas que se puxeron en valor a lingua e a cultura galega.

Ao facer clic aquí podedes atopar un pdf cos enlaces a todos os vídeos do festival. 





Ademais tamén puidemos desfrutar dunha exposición de traxes típicos para utilizar en diferentes momentos: de faena, de gala...





5/18/2022

TUI LE 2022




Este ano no noso concello tivemos a oportunidade de volver desfrutar do evento TUI LE, onde nos xuntamos todas as escolas para compartir creacións baseadas nas letras e nos libros. A temática deste ano era "mulleres nas letras". 

No noso caso asistiu o alumnado de 3º de primaria, que estivo traballando a obra e figura de Maria Victoria Moreno. 

Durante o evento leron poemas, e amosaron o cartel que fixeron para a ocasión. Puideron desfrutar dunha actuación e tamén do clásico intercambio de libros entre o alumnado das diferentes escolas da vila.

Deixámosvos as fotos por aquí. 












5/11/2022

BEA CAMPOS NO COLE!!!

 




Dentro das actividades programadas dentro do programa lectura e familias, o pasado 19 de abril contamos coa presencia da contadora de historias Bea Campos, que xunto con Manuel, cantaron contos para nós. 

Foron moitas as familias que se apuntaron a esta actividade, na que non sobrou divertimento. Deixámosvos aquí algunhas fotos do evento. 







5/10/2022

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Este ano para celebrar a conmemoración do día do libro, fixemos a proposta de versionar portadas de libros e contos de diferentes maneiras. Houbo cursos que fixeron versións manipulativas, fotografías, simetrías ou copias con elementos de refugallo. 

Unha vez rematados colgámolos nas nosas paredes de entrada á biblioteca.

Deixámosvos aquí unha mostra: