6/21/2022

RECOMENDACIÓNS DE XOGOS E LECTURAS PARA O VERÁN.

Remata o cole e a biblio nos trae unha serie de recomendacións de xogos e libros para o verán. Pero non so hai estas, podedes atopar moitísimas máis na biblio municipal, nas librarías, compartindo cos vosos amigxs...!!!! Animádevos a seguir lendo no verán!!!!!






Vémonos á volta!!!! Feliz verán!!!!


6/17/2022

II Congres ODS 2021-2022

Esta semana celebramos o II Congreso ODS dende o 14 ao 17 de xuño. Como novidade este curso tivemos as visitas das familias pero tamén doutros centros da zona.

Este foi o cartel e vídeo de invitación:





E aquí podedes ver os vídeos de cada día gravados polo alumnado de 5º e 6º de primaria que estaban no ámbito de Creavisual:









E aquí tedes unhas entrevistas aos cativos que fixo a Radio Municipal de Tui:




E coma na edición anterior, tivemos unha entrada simbólica ao congreso: un alimento para SOS Tomiño



E como podedes ver, a recogida foi fantástica!! Moitas grazas por colaborar!!!




Gran experiencia vivida nestes días onde o noso alumnado tivo a oportunidade de compartir o traballado neste curso coas familias e con cativos doutros centros.

6/08/2022

LECTURA E FAMILIAS: LETTERING

Onte o alumnado de 4º a 6º de primaria e as súas familias, desfrutaron do último obradoiro de lectura e familias do curso. 

Tratouse dun obradoiro de lettering en galego a cargo de Hypatia. Nel aprenderon diferentes trazos, tamén que materiais utilizar e como facelo. 

Deixámosvos algunhas fotografías











6/07/2022

ART EXHIBITION: 2nd GRADE


Hoxe queremos amosarvos o traballo que realizou o alumnado de 2º en Arts & crafts a partir deste libro. 



Traballamos a propia imaxe e o autorretrato durante este ano, e rematamos amosando á nosa comunidade escolar as nosas obras de arte nunha exposición. As obras de arte estiveron inspiradas no traballo do ilustrador Jover e da interpretación que fixeron no seu día no centro educativo Gençana. 

Para organizar a exposición, e tras facer unha chuvia de ideas de necesidades pasamos por todos los pasos que recollemos neste bubble map. 




E este foi o resultado final!






6/02/2022

LECTURA E FAMILIAS: CHARO PITA




 Antonte desfrutamos en familia con @charopita_silvestre. Cantamos, bailamos, escoitamos contos e levamos a mochila cargada de suxerencias para o momento da lectura cxs peques, de todas elas pareceunos moi importante lembrar que aínda que xa sexan lectores autónomos, non debemos perder ese momento de ler xuntxs, un momento de confianza, de preguntas, dúbidas e diálogos. 

Grazas Charo Pita.