10/31/2022

MOMENTOS DE RECREOS


 Son varias as opcións para vir a pasar un bo rato na biblioteca de Athenea, temos moitos xogos de mesa, unha zona creativa, un recuncho para ler tranquilamente, zona de robótica…

As caras da nosa rapaza o din todo!!!






10/27/2022

LECTURAS COMPARTIDAS

 Durante a semana do Samain en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega organizamos apadriñamentos lectores por grupos, os máis maiores do cole representaron diferentes obras sobre a temática para os máis cativos.










10/24/2022

INAUGURACIÓN 22-23

 O 24 de outubro inauguramos a nosa biblioteca despois de repensar e organizar os novos espazos e recursos. Ese día contamos cun espazo de micro aberto para contar e compartir relatos de distintas temáticas.













10/18/2022

FORMACIÓN ENCARGAD@S DA BIBLIO

 O 18 de outubro realizamos a primeira reunión cas persoas de 5º e 6º de primaria que querían axudar durante os recreos na biblioteca. Fixemos unha acta cos puntos a tratar, establecemos quendas e as mestras Antía e Ana explicaron a organización da biblioteca.