2/23/2023

QUE VIVA O ENTROIDO!

A semana pasada celebramos no cole o entroido. Ao longo da semana, cumprimos coas ordes do meco: calzado diferente nos pés, pelos tolos, cara decorada, pixama... E por último, puidemos elixir a nosa disfrace para celebrar a festa todas as clases xuntas no patio con música e facendo un gran desfile.

meter vídeo entroido

Ademais, visitamos o noso museo, onde aprendemos sobre diferentes personaxes famosos do Entroido de distintas localidades galegas, atendendo a todas as provincias. 

Pasámolo en grande!



 

2/06/2023

TROCA UN LIBRO

 Durante o segundo trimestre realizamos un expurgo solidario en colaboración coa Protectora Aloia e así darlle unha segunda vida aos nosos libros. Foi todo un éxito!