11/20/2023

Teatro de sombras no 2º ciclo

 


O alumnado de 3º fixo unt eatro de sombras para o resto do cole. Menudas artistas e menudos artistas! Foi unha marabilla!

Obradoiro de cociña saúdable



Obradoiro de cociña saúdable estacional. Tras o éxito do curso pasado, decidimos repetir e organizamos un obradoiro de cociña saúdable con productos de temprada a cargo de Patricia Paniagua. Foi unha tarde de formación en familia que nos fixo tomar conciencia sobre a nosa alimentación. 

Mes da ciencia en galego 5º e 6º

Durante este mes de novembro festexamos o mes da ciencia en galego na nosa biblioteca. Para iso traballamos por ciclos para ensinar diferentes experimentos.
O primeiro que fixemos foi a acceder a páxina das bibliotecas escolares con toda a información sobre o tema, lemos o manifesto e observamos toda a información que tiña.
Despois o alumnado baixou a biblioteca e elixiu un libro do noso recuncho creado con diferentes libros de ciencia. 


E empregando o traductor de gaio, o dicionario Digalego e o da RAG traduciron o experimento e crearon un documento compartido con todos os experimentos nun DRIVE.  Con esta actividade o obxectivo que buscamos é que sexan autónomos para crear o seu propio contido en galego ampliando o seu vocabulario.



Para continuar a actividade o alumnado preparou un guión para expoñer os experimentos ao alumnado de 6º de primaria. Cada equipo tiña un experimento preparado e o alumnado de 6º en equipos rotaban por cada experimento cada 15 minutos, ao rematar de pasar por cada experimento tiñan unha plantilla para dar propostas de mellora en base a uns criterios prefixados e que o alumnado xa conecta previamente. Así o alumnado de 5º podía establecer inmediatamente xa que repetían o experimento 6 veces.


Podedes ver o video de todo proceso, esperamos que vos guste!!!





11/17/2023

APADRIÑAMENTOS LECTORES





Durante este curso, dous días a semana todos os curso gozan do apadriñamento lector. Creanse vínculos moi bonitos e o alumnado está moi motivado. É unha iniciativa que veu para quedarse. 

Matemáticas Manipulativas




 Para sacarlle o máximo rendemento ao material de Biblioteca Creativa que temos na nosa biblio, o profesorado do centro estivo formándose en matemáticas manipulativas. Encantounos!


Mes da ciencia en galego! en 3º e 4º

 


Como todos os anos, en novembro todos os cursos celebramos o Mes da Ciencia en Galego. Desta volta, fixemos experimentos durante todo o mes organizándonos en quendas para que todos os cursos puideran gozar da maxia da ciencia. De seguro que repetiremos. 

VOLUNTARIOS EN ACCIÓN!

 







Este curso comezamos co voluntariado da biblioteca coas nenas e nenos de 5º de Ed.Primaria. Están aprendendo a facer préstamos e devolucións en Koha, arranxan libros, colocan e ordenan... Pasámolo xenial poñendo a biblio a punto!

AFAGA, XERACIÓNS ACTIVAS I. Como aprendiamos antes e como aprendemos agora?


O alumnado de 4º de Ed.Primaria gozou da primeira xornada deste curso cos usuarios de Cultiva a manete da asociación AFAGA Alzhemeimer dentro o seu proxecto Xeracións Actias que iniciaron o curso pasado. Foi unha xornada moi especial, onde ensinaron ás xentes de antes como se aprende agora e onde aprenderon como era a escola no pasado. 

CLUBE DE XOGOS DE MESA


Durante este curso 23-24, partindo do éxito que tivo o curso pasado a xornada de xogos de mesa que organizamos desde a biblioteca, creamos o que chamamos CLUBE DE XOGOS DE MESA. 

Unha vez ao mes, reunimos na biblioteca, unha tarde, profes, alumnado e familias para... XOGAR! Pasámolo xenial! 


SAMAÍN NO COLE!

Durante a semana do Samaín, realizáronse diferentes actividades para coñecer a nosa cultura nesta festa: exposición de cabazas, lecturas, xogos, murais... Rematamos o día 31 con disfraces e celebrando todas as clases xuntas na biblioteca un pequeno festival, mesturando a nosa festa co Halloween. Pasámolo en grande!