2/13/2024

DÍA MUNDIAL DA RADIO


 A radio esoclar é unha ferramenta motivadora para exprarnos e difunndir difeentes temas sobre os que estamos a traballar, pero máis satisfactorio é ver os sorrisos permanentes, ese compromiso para que todo saia ben e a enerxía qu nso axuda a esforzarnos para acadar o obxectivo común: un podcast de radio. 

Son moitas as vantaxes da radio escolar: fomenta as habilidades para o traballo en equipo, estimula a participación, o debate e permite a profundización, de forma amena, nos temas que se tratan. Contribúeao desenvolvemento da competencia comunicativa e lingüístia, tanto na destrea oral como na escrita, así como o aumento da riqueza léxica. 

Deixamos aquí un pequeno resumo de como celebramos o día de hoxe na nosa radio. 

2/01/2024

O CLUB DE LETRAS E A BIODIVERSIDADE


 No Club de Letras do 3º ciclo estivemos buscando información sobre o ODS 14 e 15, que nosa falan da vida submariña e dos ecosistemas terrestres respectivamente. Limos libros, eleboramos esquemas, reflexionamos, comparamos a información e recollida e, por útima, grabamos un podcast.