3/25/2024

DÍA DA POESÍA - Reforestación poética

O pasado 21 de marzo foi o Día das Poesías e dos Bosques, e o celebramos no monte de Areas cunha Reforestación Poética.

Cada clase preparou un pequeno poema en diferentes formatos para conmemorar este día, rematando cunha actuación do grupo Migallas.

Pasámolo en grande!



3/21/2024

Charla sobre bioloxía mariña con Iria


Esta semana tivemos a sorte de contar con Iria, mestra da Universidade de Vigo, quen nos falou sobre os arrecifes de corais, o cambio climático, a conservación dos océanos e a biodiversidade mariña. Unha chara moi amena e enriquecedora para o noso alumnado de 2º, 5º e 6º de primaria. 

3/13/2024

TEATRO EN INGLÉS


O alumnado de infantl, 1º, 2º, 3º e 4º de Ed.Primari gozamos con Beth dunha estupenda xornada de teatro en inglés da man de @teatroeningles. Unha experiencia dinámica, inmersiva e sobre todo moi divertida. Grazas a todas as persoas que contribuíron a facer posible "Lost in space" and "Robinson Crusoe" na nosa biblio. 

3/08/2024

Chop chop, e comer! Caldo


 Hoxe os ananos de infantil cociñaron para o seu almorzo un rico caldo acompañados do Coelliño Branco.



3/07/2024

AFAGA, XERACIÓSN ACTIVAS II



O alumnado de 4º volveu gozar dunha xornada cos usuarios de Cultiva a mente da asociación AFAGA Alzheimer, desta vez cun obradoiro de cociña. O proxecto Xeracións Activs segue ofrecéndonos aprendizaxes e moitas emocións que, sen dúbida, tardaremos en esquecer. 

Temos que ter un agradecemento especial ao concello de Tui pola cesión da cociña exterior e a Manolo e Teté por invitarnos á súa finca para colleitar os ingredientes para as nosas receita. 


3/04/2024

NOVIDADES na biblio

 Este trimestre introducimos algunhas novidades na nosa biblioteca. Puidemos gozar de tantos libros novos que de seguro se nos esquece algún. Pasádevos pola nosa biblio para comprobalo!

  


3/01/2024

ENGLISH CLUB

 No English Club deste mes de marzo estivemos practicando como seguir instruccións e coñecemos todos os establecementos que podemos atopar nunha cidade.