1/23/2019

Estamos en Radio na Biblio!

Este ano estamos nun novo proxecto dentro da Biblioteca... RADIO NA BIBLIO! Agora atopámonos preparando o espazo para ubicar a radio, e en breve comezaremos a formanos profes e alumnado de quinto e sexto de primaria. Pero a primeira cousa que faremos é... buscar un nome e logotipo para a nosa radio! Por iso, no Consello d@s nen@s do 1 de febrero, as aulas levarán dúas propostas de nome e dúas de logotipo, e votarán saíndo unha elixida de cada.



BUSCAMOS VOLUNTARI@S PARA A BIBLIOTECA!

Athenea está buscando axuda na biblioteca dos nenos e nenas de quinto e sexto! Algunhas das tarefas que farán será: poñer selo aos novos libros, facer préstamos e pegar os códigos de barras nos libros.
Hoxe tivemos tres voluntarios!! Esperamos a vosa axuda!



NOVIDADES NA BIBLIO





Visitas!



Na pel dos animais.

Dende o pasado mes de setembro comezamos a investigar nas aulas do CEIP Número 1 sobre o noso proxecto de centro do actual curso 2018/2019, titulado: "Na pel dos animais". É un proxecto que nace das propostas do noso alumnado no anterior curso escolar, as cales foron postas en común no Consello d@s Nen@s .
No blog napeldosanimais.blogspot.com/ publicaremos diferentes entradas que poñan de manifesto algunhas das propostas que se están desenvolvendo no noso cole. 

Este proxecto vai mais alá do que normalmente entendemos coma investigación acerca dos animais e o coñecemento das súas formas de vida, xa que como o seu propio nome indica ten coma unha das súas diversas finalidades ou obxectivos educativos o achegamento ao mundo real dos animais que coñecemos na nosa contorna ou noutros moitos hábitats, e o logro da capacidade de poñerse no lugar destes animais e coñecer como viven en realidade.
Por iso, dende a biblioteca levouse a cabo co gallo do Día das Bibliotecas Escolares, unha charla con tres invitados moi especiais, unha familia namorada dos animais, da natureza e da fotografía, que mediante as súas fotos, e reflexións, serviron para comezar a poñernos NA PEL DOS ANIMAIS.


Ademáis, en estreita relación co noso proxecto, tamén estamos dentro do Plan Proxecta, Protexe os animais.
O curso pasado organizamos un Mercadillo para conseguir salchichas para a Protectora de Animais de Tui Aloia, e este ano queremos poñernos na pel dos cans grazas a colaboración dos voluntarios e voluntarias da protectora.
Comezamos cunha charla na biblioteca onde nos contaron o que fan na protectora, como se pode sentir un can cando o abandonan, a importancia de ter claro que un can non é un xoguete, entre outras cousas.
O noso traballo coa protectora continuará ao longo do curso con diferentes actividades que subiremos ao blog.


Athenea ten vida!


Este curso no noso cole comezou con moitas novidades, e unha delas é que, Athenea, a nosa mascota, ten vida! 
No cole temos unhas mestras e mestres que son uns artistas, e grazas á colaboración, a mascota que foi elixida no Consello d@s Nen@s entre os debuxos deles e delas o curso pasado, primeiro colleu forma nun gran peluche que tod@s podemos abrazar e ler contos, e que agora, ademáis, poderá ir visitar os nenos e nenas a clase ou aparecer de sorpresa pola biblio!