5/27/2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020.

Os nenos e nenas do cole, a semana previa ás letras galegas escoitaron a canción Verdescente, de Uxía Lambona e a Banda Molona, e enviaron a canción cantada por eles coa base musical que xa nos enviara previamente a banda.





Despois, a mestra de música, Elena, encargouse de montar toda a canción, e este foi o gran resultado!



Pero non fomos os únicos, senón que participamos once centros da zona, a partir da proposta dunha mestra do CEIP Plurilingüe Igrexa Valadares.

Aquí tedes o enlace á noticia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2020/05/17/as-redes-sociais-enchense-eventos-dia-das-letras-coa-xente-ao-lonxe/0003_202005V17C6991.htm

E as aportacións de todos os centros.