11/23/2020

Formación de apps e ferramentas web para o profesorado.

Este curso, o equipo de biblioteca decidimos facer varias formacións os martes pola tarde para todo o profesorado de aplicacións, ferramentas web, audacity, e material de bibliotecas inclusivas.
Deste xeito, todo o profesorado coñece o material que temos na biblioteca (xa que hai moitxs profes novxs) e tamén aquelas ferramentas e aplicacións que permiten un traballo máis interactivo, que nos facilitan na elaboración de carteis, soportes de traballo na aula, elaboración de vídeos,...
Foron tardes moi divertidas aprendendo e compartindo xuntxs!



 

Búscanse voluntarixs!!!!



 

11/20/2020

Xornadas de apertura da biblioteca.

Nestas semanas previas, despois da posta a punto inicial da biblioteca, xa abrimos as nosas portas e fixemos unha proposta especial para esta apertura.   

A robótica será unha das novidades deste curso, e a vinculamos co noso proxecto de centro, o espazo, e que leva o nome de: ATA O INFINITO E MÁIS ALÓ!                                                                  

Desa fusión sae o noso panel para o Beebot e Escornabot con tres actividades diferentes sobre o espazo en función do curso: preguntas encadeadas sobre os planetas, descubrimento de diferentes termos do espazo, descubrimento de planetas do sistema solar e lectura de información sobre eles en libros da biblioteca.
E ademáis, non podía faltar un vídeo motivador que invita e introduce o noso proxecto. Neste caso da man de Fernando Abilleira, inxeñeiro da NASA, e que enviou un vídeo aos nenos e nenas do noso centro invitando a investigar sobre o espazo.
Aquí tedes algunhas fotos!!




 




Novos espazos na biblioteca do noso centro.


Dende o peche da biblioteca no mes de marzo co comezo da pandemia, o Equipo de Biblioteca non parou de pensar en crear novos espazos, a zona maker, facer un gran expurgo (nos cursos anteriores xa fixemos, pero todavía quedaba moito por sacar das baldas) xa que agora é moi importante crear espazos limpos, de fácil acceso visual, e con aquilo que se vai a utilizar. 
Todas estas ideas levaron a mercar novos estantes accesibles, sacar moitos libros que non se prestaban, poner unha gran balda de traballo onde creamos a zona maker e puxemos a máquina de coser, impresora 3D, teares, croma, lego, robots... 
E isto tamén nos leva a apuntarnos no Proxecto de Bibliotecas Creativas de Bibliotecas Escolares de Galicia, e que fomos un dos 25 centros escollidos.
Isto supón ver a biblioteca coma “centro creativo de aprendizaxes”, apoiando a existencia de espazos creativos e cooperativos de experimentación, investigación e creación e recolle tamén o reto das alfabetizacións múltiples.

Aquí tedes a Athenea desfrutando da nosa biblioteca, sempre viva e en constante cambio.




Athenea cosendo 




Athenea lendo nun dos sofás.


Athenea creando cos materiais de construcción.


Athenea co observatorio de insectos.

Athenea programando a Botley.


Athenea no croma

 

Protocolo Covid para a biblioteca





 

Aquí tedes as novas normas da biblioteca!!

Neste curso, coa situación actual son moitas as cousas que cambiaron no cole, pero non queremos deixar a Athenea sola na biblioteca sen visitala, e por iso, aquí temos as novas normas de funcionamento que nos vai contar Athenea con moita ilusión!!