11/30/2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA NOSA BIBLIO

No mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego. Dende a nosa biblio organizamos un recuncho con materiais e libros de ciencia e compartimos os recursos  dixitais relacionados coa ciencia en galego

Cada mércores do mes de novembro cada ciclo organizou uns shows científicos para compartir co resto da comunidade educativa, a primeira actuación foi representada polo alumnado de 5º e 6º de primaria que ademais desta actuación de ciencia encargáronse da lectura do manifesto e de explicar que era Ángel Carracedo.








11/14/2022

É TEMPO DE MAGOSTO

Din as novas xentes que "o verán de San Martiño ou é grande ou é pequeniño". Por sorte, o venres, o San Martiño deixounos desfrutar dun espectacular día de outono. 
O equipo de profesorado e alumnado do noso cole pasamos unha mañá estupenda nunha contorna marabillosa como é a Alameda de Tui. Alí, as familias da nosa escola, xunto a equipa de actividades complementarias, organizaron todo para uqe nós só tiveramos que dedicarnos a pasalo ben. Puidemos vivenciar o que son os xogos populares: correr e caer na carreira de sacos, aguzar a nosa puntería no "trgacastañas" e aprender e recordar cancións para saltar a comba; fixemos malabares cunha culler e unha castaña, bailamos e xogamos cos aros e por suposto, comemos castañas. Que ricas estaban! Non podemos máis que agradecer ás familias que as asaron. 
Foi unha mañá chea de risas, convivencia e diversión que rematou cun concertazo de Paco Pakolas, que nos deleitou coas súas historias e cancións acompañado dunha ilustradora.






Foi un día estupendo! Pasámolo xenial!

11/07/2022

UN SAMAÍN DE MEDO

Este ano, como xa é tradición, volvemos celebrar o Samaín. Comezamos por achegarnos a esta tradición de orixe celta da man dun contacontos que nos presentou a mestra Ana Ruth.
Ademais, fixemos unha exposición de cabazas que se sitou na entrada da escola. Queremos mostrárvola tamén por aquí, para que non vola perdades.
Foi unha experiencia moi divertida que culminou coa visita ó túnel de Samaín / Halloween que o equipo de plurilingüismo preparou co gallo de dita efeméride. Unha experiencia multicultural, translingual e, sobre todo, moi divertida! Agardamos que a gocedes tanto coma nos.

  

Ademais, co gallo da chegada da semana do Samaín queremos compartir convosco algunhas cancións que nos acompañarán durante esta semana. 

Agardamos que as gocedes. 


Made with Padlet


11/03/2022

MOMENTOS MUSICAIS


Grazas ao noso profe Roi, mestre de música, creamos un club de música onde toda a rapaza ten a oportunidade de aprender a tocar diferentes instrumentos ou de mostrar o seu talento musical.