11/14/2022

É TEMPO DE MAGOSTO

Din as novas xentes que "o verán de San Martiño ou é grande ou é pequeniño". Por sorte, o venres, o San Martiño deixounos desfrutar dun espectacular día de outono. 
O equipo de profesorado e alumnado do noso cole pasamos unha mañá estupenda nunha contorna marabillosa como é a Alameda de Tui. Alí, as familias da nosa escola, xunto a equipa de actividades complementarias, organizaron todo para uqe nós só tiveramos que dedicarnos a pasalo ben. Puidemos vivenciar o que son os xogos populares: correr e caer na carreira de sacos, aguzar a nosa puntería no "trgacastañas" e aprender e recordar cancións para saltar a comba; fixemos malabares cunha culler e unha castaña, bailamos e xogamos cos aros e por suposto, comemos castañas. Que ricas estaban! Non podemos máis que agradecer ás familias que as asaron. 
Foi unha mañá chea de risas, convivencia e diversión que rematou cun concertazo de Paco Pakolas, que nos deleitou coas súas historias e cancións acompañado dunha ilustradora.






Foi un día estupendo! Pasámolo xenial!