12/13/2023
Obradoiro de Nadal coas familias de Ed.Infantil
12/12/2023
12/07/2023
AXENCIA DE DETECTIVES
O alumnado de 4º realizou un proxecto de radio chamado Axencia de detectives no que, por equipos, elixían un tema,investigaban sobre el, realizaban a súa escaleta e despois, gravaban o seu podcast de radio. Foi un proxecto moi enriquecedor!
12/01/2023
English Club - November
11/20/2023
Teatro de sombras no 2º ciclo
O alumnado de 3º fixo unt eatro de sombras para o resto do cole. Menudas artistas e menudos artistas! Foi unha marabilla!
Obradoiro de cociña saúdable
Mes da ciencia en galego 5º e 6º
Despois o alumnado baixou a biblioteca e elixiu un libro do noso recuncho creado con diferentes libros de ciencia.
11/17/2023
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Durante este curso, dous días a semana todos os curso gozan do apadriñamento lector. Creanse vínculos moi bonitos e o alumnado está moi motivado. É unha iniciativa que veu para quedarse.
Matemáticas Manipulativas
Mes da ciencia en galego! en 3º e 4º
Como todos os anos, en novembro todos os cursos celebramos o Mes da Ciencia en Galego. Desta volta, fixemos experimentos durante todo o mes organizándonos en quendas para que todos os cursos puideran gozar da maxia da ciencia. De seguro que repetiremos.
VOLUNTARIOS EN ACCIÓN!
AFAGA, XERACIÓNS ACTIVAS I. Como aprendiamos antes e como aprendemos agora?
CLUBE DE XOGOS DE MESA
Durante este curso 23-24, partindo do éxito que tivo o curso pasado a xornada de xogos de mesa que organizamos desde a biblioteca, creamos o que chamamos CLUBE DE XOGOS DE MESA.
Unha vez ao mes, reunimos na biblioteca, unha tarde, profes, alumnado e familias para... XOGAR! Pasámolo xenial!
SAMAÍN NO COLE!
Durante a semana do Samaín, realizáronse diferentes actividades para coñecer a nosa cultura nesta festa: exposición de cabazas, lecturas, xogos, murais... Rematamos o día 31 con disfraces e celebrando todas as clases xuntas na biblioteca un pequeno festival, mesturando a nosa festa co Halloween. Pasámolo en grande!
10/23/2023
Axencia de Detectives - Dragón de komodo
10/19/2023
10/10/2023
Axencia de Detectives - II Guerra Mundial
10/09/2023
CONSTELACIÓN LITERARIA DE 5º E 6º DE PRIMARIA
6/28/2023
BEA CAMPOS!
No marco do III Congreso EducaODS contamos coa sorte de ter a Bea Campos. Actriz, narradora, presentadora e, como di ela, improvisadora. Desfrutamos moito do seu espectáculo "Contacontos sobre a igualdade".
Encantaríanos repetir!
6/26/2023
En busca das herbas do San Xoán!
Para rematar as xornadas coas nos familias deentro do ciclo de actividades relacionadas coa horta, fixemos unha derradeira sesión, desta vez, como peche do proxecto relacionado co libro "As setes herbas máxicas" que temos na nosa biblio. Foi unha mañá de tradición, convivencia e cultura, achegando aos máis pequenos as costumes centenerais do San Xoán.
Lavar a cara coa auga do San Xoán despois dunha mañá de recollida das herbas que a compoñen, espanta as meigas e enchénos de boa enerxía.
Repetiremos!
6/15/2023
ECOPERCUSIÓN
o alumnado do segundo e terceiro ciclo disfrutou dunha xornada con moita ritmo e coordinación preparando a súa actuación para a xornada inaugural, en horario de tarde, do III Congreeso EducaODS.
COMUNIDADE FREAK
Este curso, no ámbito STEAM, demos renda solta a nosa creatividade e fixemos unhas creacións textiles impresionantes. Repetiremos seguro!
6/04/2023
COCIÑA SAÚDABLE
A experta en cociña creativa Patricia Paniagua Mateos fixo que desfrutaramos dunha tarde chea de cociña, produtos de tempada e creatividade coas nosas familias.




.jpeg)





.jpeg)
.jpeg)










.jpeg)







