6/26/2023

En busca das herbas do San Xoán!

 Para rematar as xornadas coas nos familias deentro do ciclo de actividades relacionadas coa horta, fixemos unha derradeira sesión, desta vez, como peche do proxecto relacionado co libro "As setes herbas máxicas" que temos na nosa biblio. Foi unha mañá de tradición, convivencia e cultura, achegando aos máis pequenos as costumes centenerais do San Xoán. 



Lavar a cara coa auga do San Xoán despois dunha mañá de recollida das herbas que a compoñen, espanta as meigas e enchénos de boa enerxía.

Repetiremos!