Aproveitando que chega o nadal e antes de rematar o trimestre preparamos unha sesión de xogos de mesa para as familias. Así que a tarde do 13 de decembro xuntámonos 50 persoas (nais, pais, avós, nenas e nenos) para aprender a xogar a diferentes xogos de mesa e coñecer o seu valor didáctico.
Foi unha tarde estupenda, para repetir!!!