5/31/2023

E-TEXTIL

 O alumnado de 6º puideo desfrutar dun obradoio de E-textil cunha auténtica experta na materia, Paola Guimaraes. A creatividade foi a protagonista.


5/30/2023

FORMACIÓN SOLEDAD FELLOZA

 Con Soledad Felloza aprendemos a modular a voz, puxemos diferentes tono e conseguimos transmitir diferentes emocións unicamente a través das nosas cordas vogáis. Estivo xenial!



5/22/2023

Semana das LETRAS GALEGAS

 



Para conmemorar o día das letras galegas, a semana pasada, realizamos diversas actividades para fomentar o uso da nosa lingua. Entre elas, realización de chapas para todxs, recreos con xogos populares, exposición de obras do alumnado sobre Fernández del Riego e de instrumentos musicais do noso  folclore que troixo o profe Roi... E non nos esquecemos do martes, día de festival  con  cancións e refráns en galego; e como non  da foliada agradecéndovos a todo alumnado, persoal do centro e as familias a vosa  participación.  

,

5/02/2023

TUI LE

Este ano no noso concello tivemos a oportunidade de volver desfrutar do evento TUI LE, onde nos xuntamos todas as escolas para compartir creacións baseadas nas letras e nos libros. A temática deste ano era "Francisco Fernández del Riego", aproveitando así a súa homenaxe no día das Letras Galegas. 


Durante o evento leron poemas, e amosaron o cartel que fixeron para a ocasión. Puideron desfrutar dunha actuación e tamén do clásico intercambio de libros entre o alumnado das diferentes escolas da vila.



DÍA DO LIBRO - AS FAMILIAS CONTACONTOS

 AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN!





5/01/2023

CONCERTAZO! "OS NÚMEROS 1"

 Un pequeno grupo de alumnado puxo en marcha un ciclo de concertos na biblioteca, fanse chamar "Os números 1" e encántalles facer desfrutar aos seus compañeiros e compañeiras. 




Son todos uns artistas!