5/02/2023

TUI LE

Este ano no noso concello tivemos a oportunidade de volver desfrutar do evento TUI LE, onde nos xuntamos todas as escolas para compartir creacións baseadas nas letras e nos libros. A temática deste ano era "Francisco Fernández del Riego", aproveitando así a súa homenaxe no día das Letras Galegas. 


Durante o evento leron poemas, e amosaron o cartel que fixeron para a ocasión. Puideron desfrutar dunha actuación e tamén do clásico intercambio de libros entre o alumnado das diferentes escolas da vila.