6/28/2023

BEA CAMPOS!

 No marco do III Congreso EducaODS contamos coa sorte de ter a Bea Campos. Actriz, narradora, presentadora e, como di ela, improvisadora. Desfrutamos moito do seu espectáculo "Contacontos sobre a igualdade".

Encantaríanos repetir!



6/26/2023

En busca das herbas do San Xoán!

 Para rematar as xornadas coas nos familias deentro do ciclo de actividades relacionadas coa horta, fixemos unha derradeira sesión, desta vez, como peche do proxecto relacionado co libro "As setes herbas máxicas" que temos na nosa biblio. Foi unha mañá de tradición, convivencia e cultura, achegando aos máis pequenos as costumes centenerais do San Xoán. 



Lavar a cara coa auga do San Xoán despois dunha mañá de recollida das herbas que a compoñen, espanta as meigas e enchénos de boa enerxía.

Repetiremos! 

6/15/2023

ECOPERCUSIÓN


o alumnado do segundo e terceiro ciclo disfrutou dunha xornada con moita ritmo e coordinación preparando a súa actuación para a xornada inaugural, en horario de tarde, do III Congreeso EducaODS.

 

COMUNIDADE FREAK

 Este curso, no ámbito STEAM, demos renda solta a nosa creatividade e fixemos unhas creacións textiles impresionantes. Repetiremos seguro!

    

 

 




6/04/2023

COCIÑA SAÚDABLE

 A experta en cociña creativa Patricia Paniagua Mateos fixo que desfrutaramos dunha tarde chea de cociña, produtos de tempada e creatividade coas nosas familias. 




AS SETE HERBAS MÁXICAS

 


Tarde práctica sobre as moitas posibilidades que nos ofrecen as palntas. As nosas familias marcharon cun colutorio de salvia e orégano, un xel de aloe, un tónico capilar de ortiga e romero. Ademias, desfrutamos dunha infusión de melisa e herba luisa. E para rematar saboreamos e fixemos un refresco de flores de saúco con estevia. Quedamos encantados coa autora do noso libro. 







CLUB DE LETRAS E A RADIO


 No Club de letras viaxamos "Na máquina do tempo". Para iso, aprendemos a facer entrevistas, eliximos os temas que queríamos investigar... e cada grupo entrivistou a tres persoas de diferentes idades. Ao acabar, comparamos e contratamos a información para aprender de todo o que nos contaban . Con esta información, creamos unha noticia par ao xornal e un Podcast na nosa radio.

RADIO MUNICIPAL DE TUI

O noso alumnado fixo visitas continuas durante todo o curso á Radio Municipal de Tui, esta foi unha delas:

 

ROBÓTICA - CLUB DE CIENCIAS

 


OBRADOIRO BANDA DESEÑADA

 Os maiores do cole desfrutaron dun obradoiro de escritura creativa con Esteban Souto, ilustrador de banda deseñada.