1/31/2024

DÍA DA PAZ





 Este ano celebrámolo no cole cantando pola paz. O alumnado de Educación Infantil cantou a canción "Campás pola paz", de Migallas, e o de Primaria a canción "Estamos de festa", de Uxía lambona e a banda molona.

Aquí tedes os vídeos. Desfrutádeo!


1/25/2024

Obradoiro de debuxo e banda deseñada.


Esta semana tivemos a sorte de contar co talento de Ares, exalumno do centro, quen viu a darnos unha clase de ilustración a 4º e 5º de Educación Primaria co seu compañeir Arthur. 

1/09/2024

Visita de Carla Carballo


Durante o primeiro trimestre,  no ámbito CreaVisual, estivemos a aprender sobre as barreiras arquitectónicas e de acceso da nosa cidade. Parte do traballo estivo e estará ligado a como difundir as nosas pesquisas e para iso recibimos os consellos de Carla Carballo sobre o uso da publicidade, a imaxe e a fotografía para transmitir mensaxes de relevancia social.