1/09/2024

Visita de Carla Carballo


Durante o primeiro trimestre,  no ámbito CreaVisual, estivemos a aprender sobre as barreiras arquitectónicas e de acceso da nosa cidade. Parte do traballo estivo e estará ligado a como difundir as nosas pesquisas e para iso recibimos os consellos de Carla Carballo sobre o uso da publicidade, a imaxe e a fotografía para transmitir mensaxes de relevancia social.