4/30/2024

Instalacións polo día do libro

 


Durante esta semana os ananos de infantil estiveron escollendo libros da biblio para despois experimentar coas súas propias mans as temáticas dos libros elixidos. 

CAMBIAR A MIRADA

        


O alumnado de 4º tivo a sorte de contar con Miguel, un profe de prácticas que lles ensinou moitas cousas. Deseñou un proxecto chulísimo sobre as Esculturas de Tui: falamos coa concelleira de cultura, que nos visito no cole, investigamos sobre as esculturas de Tui en libros e tamén nunha páxina web creada especialmente para este tema, fixemos un roteiro por Tui con Miguel Abraira, profe de historia, que nos contou moitas cousas interesantes e, finalmente, gravamos uns podcast de radio. 

A nosa idea é que o Concello publique toda esta información nuns paneis informativos ao lado de cada escultura para que toda a comunidade coñeza a súa historia e o noso traballo. 




4/26/2024

Charla sobre marketing e emprendemento


Hoxe, pai de Gael, falounos da importnacia do story telling no marketing. Pasamos unha mañá moi divertida inventando as nosas historias para intentar vender os nosos produtos. Primeiro pensamos un produto, despois identificamos o "target", fixemos o "story telling" e por útimo intentamos vender os nosos productos. 

4/25/2024

As familias...tamén contan! II


Os ananos de infantil continuaron, este curso, invitando as súas familias a contar contos nas clases. É unha experiencia moi enriquecedora para todas e todos. 

4/22/2024

TUI LEE 23-24




 Este curso volvemos a participar no Tui Le organizado polo concello de Tui. Xuntámonos con outros coles e pasamos unha xornada chea de contos, música e diversión. 


LABORATORIO TÁCTIL con Sonia Hermida


 O alumnado de 1º gozou da actividade "Laboratorio Táctil" con Sonia Hermida. Xogaon coas texturas para facer unhas creacións moi orixinais. 


4/21/2024

Chop chop, e a comer! Ensalada


Momento cociña na clase verde. Montamos un buffet de ensaladas de pasta e garvanzos riquísimas. Primeiro cortaron todo e prepararon por equipos e despois a gozar e a compartir!


4/19/2024

LAST ENGLISH CLUB

 


A última sesión do English Club pasouse facendo "role playing" onde actuamos como clientes e traballadores do noso novo restaurante na biblioteca. A experiencia foi moi divertida e chea de aprendizaxes. Volveremos no mes de maio!

4/17/2024

CONTACONTOS con Raquel Galavís



Onte pola tarde o noso alumnado e as suas familias puideron gozar, na biblio do cole, da historia da "Primeira gran leción de Montessori" a cargo de Raquel Galavís. Contounos como foi a creación do universo e despois fixemos uns experimentos moi divertidos. 



4/13/2024

Club de xogos de mesas no 3º trimetre


O xoves 11 de abril tivemos unha nova xornada de Xogos de mesa en familia na nosa biblioteca. Era unha tarde moi calorosa, mais pasámolo xenial. De seguro que continuaremos con este proxecto ao ano que vén.