4/30/2024

CAMBIAR A MIRADA

        


O alumnado de 4º tivo a sorte de contar con Miguel, un profe de prácticas que lles ensinou moitas cousas. Deseñou un proxecto chulísimo sobre as Esculturas de Tui: falamos coa concelleira de cultura, que nos visito no cole, investigamos sobre as esculturas de Tui en libros e tamén nunha páxina web creada especialmente para este tema, fixemos un roteiro por Tui con Miguel Abraira, profe de historia, que nos contou moitas cousas interesantes e, finalmente, gravamos uns podcast de radio. 

A nosa idea é que o Concello publique toda esta información nuns paneis informativos ao lado de cada escultura para que toda a comunidade coñeza a súa historia e o noso traballo.