5/08/2024

XERACIONS ACTIVAS, Aniversario AFAGA


Despois de dous anos, o alumnado de 4º de Ed.Primaria continua "vento en popa" co seu proxecto Xeracións Activas. Este curso fixemos unha sesión de robótica e falamos de como aprendían antes e como aprendemos agoara. No segundo trimestre fixemos unha sesión de cociña e, desta vez, as persoas usuarias de AFAGA, a nosa chavalada, invitounos a pasar unha xornada moi especial para celebrar o seu XXX Aniversario. Foi un día de convivencia e emocións.