4/30/2020
4/29/2020
4/27/2020
4/24/2020
Tui Le 2020. XI edición.
Hoxe celebraríamos todos os centros de Tui como dende hai once anos, o evento Tui Le, organizado polas bibliotecas dos centros de ensino e a Biblioteca Municipal de Tui.
Xuntámonos preto de 1500 alumnos para celebrar a importancia da lectura, onde compartimos poesías, obras de teatro, raps literarios...
Este ano xuntámonos dende a distancia, poñendo a nosa aportación, e aquí podedes ver os videos dos que particpamos:
O noso centro: lectura compartida do relato "É tempo de quedar na casa".
O CEIP Número 2: a profe Eli conta "Que chega o lobo".
O CEIP de Pazos de Reis: unha adaptación do conto "O monstro de cores".
E o conto do Dragón.
O CEIP de Rebordáns: lectura do poema "Terra de Tui" de Emilio Álvarez Blázquez.
O colexio Maristas un vídeo co alumnado e profesorado lendo dende casa.
E o IES San Paio a lectura do poema "Libros abertos, libros pechados"
A continuación tedes uns enlaces para saber un pouquiño mais!
http://tui.gal/gl/novas/bibliotecas-escolares-de-tui-celebra-line-xi-edicion-de-tui-le
http://tui.gal/gl/novas/biblioteca-municipal-de-tui-celebra-o-dia-do-libro-tui-le-coa-distribucion-de-libros-no-mercado-municipal
4/23/2020
O CONTO FAVORITO DE VÍCTOR DA CLASE VERDE DE 4 ANOS É: ¡CARAMBA COS AMIGOS!
Víctor hoxe, no Día do Libro, quixo regalarnos un conto, o seu conto favorito, pero dun xeito especial: CONTADO POR EL! e a verdade é que da gusto escoitalo o ben que o fixo!
Parabéns Víctor!
CREANDO HISTORIAS, POR MARTÍN DE 2º EP.
1,2,3 Ya
Comienza la gran fiesta
Donde está? Es la hora de Jugar
Juega con los colores
Vamos a jugar
O LIBRO FAVORITO DE LUIS DE 4º DE EP É: AS VIAXES DE GULLIVER
Trata dun home chamado Gulliver que fai catro viaxes fantásticas a distintos paises imaxinarios.
Os máis divertidos son Liliput onde as persoas e as cousas son moito máis pequenas que o seu tamaño normal. E despóis a Broabdingnag onde todo e de tamaño enorme e o pobre Gulliver e moi pequeno.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)












































