4/24/2020

Tui Le 2020. XI edición.



Hoxe celebraríamos todos os centros de Tui como dende hai once anos, o evento Tui Le, organizado polas bibliotecas dos centros de ensino e a Biblioteca Municipal de Tui.
Xuntámonos preto de 1500 alumnos para celebrar a importancia da lectura, onde compartimos poesías, obras de teatro, raps literarios...
Este ano xuntámonos dende a distancia, poñendo a nosa aportación, e aquí podedes ver os videos dos que particpamos:

O noso centro: lectura compartida do relato "É tempo de quedar na casa".



O CEIP Número 2: a profe Eli conta "Que chega o lobo".



O CEIP de Pazos de Reis: unha adaptación do conto "O monstro de cores".



E o conto do Dragón.



O CEIP de Rebordáns: lectura do poema "Terra de Tui" de Emilio Álvarez Blázquez.

 

O colexio Maristas un vídeo co alumnado e profesorado lendo dende casa.



E o IES San Paio a lectura do poema "Libros abertos, libros pechados"




A continuación tedes uns enlaces para saber un pouquiño mais!

http://tui.gal/gl/novas/bibliotecas-escolares-de-tui-celebra-line-xi-edicion-de-tui-le
http://tui.gal/gl/novas/biblioteca-municipal-de-tui-celebra-o-dia-do-libro-tui-le-coa-distribucion-de-libros-no-mercado-municipal