4/02/2020

VOLVERÁ A VOZ DE ATHENEA?


Nestes tempos de confinamento, os móbiles permítennos escoitar e ver aos nosos amigos e familiares, pero tal vez temos moitos compis e profes que non os escoitamos dende fai tempo. Por iso, Athenea tivo unha gran idea, que é facer programas de radio de novo para poder pasar un tempo agradable na casa escoitando anécdotas destes días, contos, cancións,... d@s nos@s compañeir@s e profes.
Os audios deben cumprir as seguintes condicións:
-formato Mp3 ou wma.
-duración máxima de dous minutos e medio.
-comezar dicindo o noso nome e curso.
A nosa gravación pode ser coa axuda das nosas familias!

Debedes envialas ao seguinte email: avozdeatenea@gmail.com

Agardamos os vosos audios para poder levar a cabo o primeiro programa!!!