4/16/2020

Proposta para o Día do Libro.

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e  dende o equipo de biblioteca propoñémoste que compartas co resto de compañeiros e compañeiras cal é o teu libro favorito. Faredes un debuxo onde aparezan os personaxes, a portada, a vosa ilustración favorita do conto... e é moi importante que poñades o voso nome e curso. Sacade unha foto e a enviades a: avozdeatenea@gmail.com. Podedes escribir no email un pequeno resumo dese conto.
Despois subiremos o que nos enviedes ao blog para compartilo co resto da comunidade educativa e poder coñecer novos libros.