3/12/2023

DÍA DA MULLER #8M

Hoxe 8 de marzo, reivindicamos a loita das mulleres pola igualdade. Un camiño que se percorre os 365 días do ano. Neste curso, quixemos invitar a mulleres de oficios que constitúen patrimonio etnográfico da nosa terra: unha fiadeira, unha artesá e unha labrega para que nos falaran da súa labor á que nós achegamos durante a pasada semana. Ao mesmo tempo, tamén convidamos a dúas profesionais que traballan en sectores tradicionalmente masculinizados: unha obreira que nos mostrou algunhas das máquinas que empregan hoxe en días no sector da construción; e unha deportista de elite de loita libre que ademais, é fisioterapeuta. Así, a pasada semana recibimos a Ilda, Aida, Maribel (avoa de alumnas da escola), a Bea e a Noelia (de @tuisaude). Foi un pracer contar con todas elas nunhas xornadas que, de seguro, repetiremos. Feliz día da muller a todas as mulleres desta nosa comunidade.