3/03/2023

EDUCAR CON CALMA

O día 24 de xaneiro tivemos a primeira sesión do obradoiro coas familias do noso obradoiro "Educar con calma" impartido pola nosa compañeira María. Nela tratamos temas moi interesantes como o autocoidado, consciencia corporal, relaxación, respiración e educación emocional. 


A segunda sesión celebrámola o 28 de febreiro, e desta vez centrámonos en como funciona a mente das cativas e cativos, como xestionar as rabietas e os momentos de crise e as falsas crenzas que condicionan, moitas veces, a nosa educación.


Está a ser unha experiencia moi enriquecedora para todos nós. De seguro continuaremos cunha terceira sesión!



Moitas grazas ás familias pola súa participación e implicación! Sen vós, non sería posible!