O alumnado de 3º e 4º de primaria estivo mergullado no fascinante mundo da electricidade, explorando a conductividade de diferentes materiais e o funcionamento dos circuítos eléctricos. A través de actividades prácticas e experimentos, descubriron como os circuítos poden ser abertos ou pechados, e como a electricidade flúe por materiais condutores.
Despois de experimentar coa conductividade e os circuítos eléctricos, o alumnado de 3º e 4º de primaria comezou a aplicar os seus coñecementos no deseño da iluminación da maqueta dunha cidade sostible. Usando materiais e circuítos eficientes, os estudantes traballaron en equipo para crear sistemas de iluminación que fosen non só eficaces, senón tamén respetuosos co medio ambiente.
Esta actividade permitiulles comprender a importancia da eficiencia enerxética e aplicar principios de sostibilidade na creación dunha cidade que minimiza o seu impacto ambiental. Así, a maqueta non só reflicte a súa creatividade, senón tamén o compromiso co futuro e coas enerxías renovables.