Se chove, que chova! Hoxe abrimos a nosa biblio para que o alumnado puidera gozar dun recreo de xogos e bo ambiente.
10/01/2024
5/28/2024
STOP MOTION
O alumnado do 2º ciclo aproveitou todo o material creativo que atoparon por tódolos recunchos makers do cole e elaboraron unha campaña publicitaria coa app Stop Motion. Quedaron chulísimos!
CONTACONTOS SOBRE A DIVERSIDADE
5/26/2024
COÑECER PARA TRANSFORMAR
O sábado 25 de maio tivemos unha tarde moi interesante coa comunidade educativa. Cada vez somos maís consicentes dos ingredientes e produtos químicos dañinos que poden estar presentes nos cosméticos convencionais. Desde a súa fabricación ata o uso, os cosméticos xeran unha cantdade significativa de residuos. O noso alumnado leva todo o curso traballando sobre o tema e foron á Radio Municipal de Tui.
5/22/2024
Roteiro con César Lema
Esta semana as familias e profes do CEIP N1 fixemos un roteiro da man de Cesar Lema polos arredores do noso cole. Durante dúas horas, ademáis de disfrutar dun maravilloso paseo aprendimos a identificar algunhas herbas silvestres moi comúns en Galicia que son comestibles e ademáis teñen moitas propiedades mediciñais. Algunhas das que atopamos foron: malvas, sabugueiro, herba camín ou tintoreira, amor de home, llantén, fumaria, herba de San Roberto, borraxa, rumex crispus... e para rematar Cesar e a súa compañeira Goja agasalláronnos cunha merenda de pizzas feitas de herbas silvestres e un café de dente de león.
5/16/2024
Meu o mundo é!
Hoxe, no día das letras galegas, quixemos felicitar a toda a comunidade cantando todo xuntos a canción de Paco Nogueiras "meu o mundo é".
5/10/2024
PONTE NAS ONDAS
5/09/2024
Refrán a refrán
Este curso festexamos as Letras Galegas cunha actividade proposta polo equipo de Dinamización Lingüistica do cole: 17 retos, 17 días en galego. Un deses retos foi a actividade "Refrán a refrán". Investigamos sobres os refráns e finalmente fixemos unha pequena exposición.
5/08/2024
XERACIONS ACTIVAS, Aniversario AFAGA
5/06/2024
Primeiros auxilios!
5/01/2024
SOBRE RODAS. Tarefa STEAM
Na tarefa deste ano do ámbito STEAM o alumnado do segundo ciclo tirou de imaxinación e creatividade para facer unhas creacións, con material de refugallo e respectuoso co medio ambiente, moi orixinais.
4/30/2024
Instalacións polo día do libro
CAMBIAR A MIRADA
O alumnado de 4º tivo a sorte de contar con Miguel, un profe de prácticas que lles ensinou moitas cousas. Deseñou un proxecto chulísimo sobre as Esculturas de Tui: falamos coa concelleira de cultura, que nos visito no cole, investigamos sobre as esculturas de Tui en libros e tamén nunha páxina web creada especialmente para este tema, fixemos un roteiro por Tui con Miguel Abraira, profe de historia, que nos contou moitas cousas interesantes e, finalmente, gravamos uns podcast de radio.
A nosa idea é que o Concello publique toda esta información nuns paneis informativos ao lado de cada escultura para que toda a comunidade coñeza a súa historia e o noso traballo.
4/26/2024
Charla sobre marketing e emprendemento
Hoxe, pai de Gael, falounos da importnacia do story telling no marketing. Pasamos unha mañá moi divertida inventando as nosas historias para intentar vender os nosos produtos. Primeiro pensamos un produto, despois identificamos o "target", fixemos o "story telling" e por útimo intentamos vender os nosos productos.
4/25/2024
As familias...tamén contan! II
4/22/2024
TUI LEE 23-24
Este curso volvemos a participar no Tui Le organizado polo concello de Tui. Xuntámonos con outros coles e pasamos unha xornada chea de contos, música e diversión.
LABORATORIO TÁCTIL con Sonia Hermida
O alumnado de 1º gozou da actividade "Laboratorio Táctil" con Sonia Hermida. Xogaon coas texturas para facer unhas creacións moi orixinais.
4/21/2024
Chop chop, e a comer! Ensalada
Momento cociña na clase verde. Montamos un buffet de ensaladas de pasta e garvanzos riquísimas. Primeiro cortaron todo e prepararon por equipos e despois a gozar e a compartir!
4/19/2024
LAST ENGLISH CLUB
A última sesión do English Club pasouse facendo "role playing" onde actuamos como clientes e traballadores do noso novo restaurante na biblioteca. A experiencia foi moi divertida e chea de aprendizaxes. Volveremos no mes de maio!
4/17/2024
CONTACONTOS con Raquel Galavís
Onte pola tarde o noso alumnado e as suas familias puideron gozar, na biblio do cole, da historia da "Primeira gran leción de Montessori" a cargo de Raquel Galavís. Contounos como foi a creación do universo e despois fixemos uns experimentos moi divertidos.
4/16/2024
4/13/2024
Club de xogos de mesas no 3º trimetre
3/25/2024
DÍA DA POESÍA - Reforestación poética
Cada clase preparou un pequeno poema en diferentes formatos para conmemorar este día, rematando cunha actuación do grupo Migallas.
Pasámolo en grande!
3/21/2024
Charla sobre bioloxía mariña con Iria
3/20/2024
3/15/2024
3/13/2024
TEATRO EN INGLÉS
O alumnado de infantl, 1º, 2º, 3º e 4º de Ed.Primari gozamos con Beth dunha estupenda xornada de teatro en inglés da man de @teatroeningles. Unha experiencia dinámica, inmersiva e sobre todo moi divertida. Grazas a todas as persoas que contribuíron a facer posible "Lost in space" and "Robinson Crusoe" na nosa biblio.
3/08/2024
Chop chop, e comer! Caldo
Hoxe os ananos de infantil cociñaron para o seu almorzo un rico caldo acompañados do Coelliño Branco.
3/07/2024
AFAGA, XERACIÓSN ACTIVAS II
3/04/2024
NOVIDADES na biblio
Este trimestre introducimos algunhas novidades na nosa biblioteca. Puidemos gozar de tantos libros novos que de seguro se nos esquece algún. Pasádevos pola nosa biblio para comprobalo!
3/01/2024
ENGLISH CLUB
2/13/2024
DÍA MUNDIAL DA RADIO
Son moitas as vantaxes da radio escolar: fomenta as habilidades para o traballo en equipo, estimula a participación, o debate e permite a profundización, de forma amena, nos temas que se tratan. Contribúeao desenvolvemento da competencia comunicativa e lingüístia, tanto na destrea oral como na escrita, así como o aumento da riqueza léxica.
Deixamos aquí un pequeno resumo de como celebramos o día de hoxe na nosa radio.
2/08/2024
2/01/2024
O CLUB DE LETRAS E A BIODIVERSIDADE
1/31/2024
DÍA DA PAZ
Aquí tedes os vídeos. Desfrutádeo!
1/25/2024
Obradoiro de debuxo e banda deseñada.
1/09/2024
Visita de Carla Carballo
Durante o primeiro trimestre, no ámbito CreaVisual, estivemos a aprender sobre as barreiras arquitectónicas e de acceso da nosa cidade. Parte do traballo estivo e estará ligado a como difundir as nosas pesquisas e para iso recibimos os consellos de Carla Carballo sobre o uso da publicidade, a imaxe e a fotografía para transmitir mensaxes de relevancia social.








.jpeg)


.jpeg)



.jpeg)









